DeportesÚltima hora

IV Carreira e Andaina Popular da Veiga, o 18 de agosto

A proba absoluta partirá ás 20h. dende a praza do Concello desta localidade
Saída dunha edición anterior desta carreira popular da Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.

O atletismo regresa á Veiga neste verán coa IV Carreira Popular deste concello, que está programada para a tarde do 18 de agosto. A proba complementarase cunha andaina de 8 km que partirá ás 19h. dende a praza do Concello.

Unha hora despois darase a saída da carreira popular, tamén dende ese mesmo lugar. Os atletas afrontarán unha distancia de 6 km e a meta estará situada tamén na citada praza. Nesta edición haberá ademais carreiras de categorías base que comezarán ás 20:45 cos sub14. Esta proba será organizada polo Concello da Veiga en colaboración coa Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA) e o Club Adas.

Máis información e inscricións en: https://www.carreirasgalegas.com/carreira/iv-carreira-popular-concello-de-a-veiga/52243f41-199b-a71a-d5f9-39e2ec790138

Artigos relacionados

Back to top button