CulturaCulturaÚltima hora

IV Concurso de Pintura ó Aire Libre en Monterrei, no entorno da acrópole

Publicidade

 

Mañá 2 de outubro celebrarase no entorno da acrópole de Monterrei a IV edición do Concurso internacional de pintura ao aire libre de Monterrei. Serán 15 artistas chegados dende diferentes lugares de Galicia e da comunidade veciña de Castela e León; foron seleccionados pola organización para a súa participación, logo de pecharse a incripción no certame o pasado 15 de setembro.

A actividade artística comezará dende as 09:30h., cando se abrirá o prazo de selado de soportes para realización das obras. Rematará ás 16:30h., cando remata o prazo de entrega de obra. Logo será o tempo do xurado que dará a coñecer o seu dictame ás 17:30hrs.

A actividade levaráse a cabo no entorno da fortaleza de Monterrrei, dándose a coñecer o premiado na sala de exposicións Hospital da Trindade. Os premios serán de 1000€ á obra gañadora, 500€ como compra de obra para a segunda obra máis valorada e unha escultura de Xosé Rivada para a terceira obra en valoración por parte do xurado.

Tamén haberá momento para a entrega do premio do concurso de #Debuxamonterrei, certame de debuxo infantil que se veu desenrolando dende o mes de xuño.

O evento artístico está organizado polo Concello de Monterrei, dende o Departamento de Turismo e conta coa colaboración do artista Xosé Rivada, a Deputación de Ourense, Denominación de Orixe Monterrei, Pasteleria Primavera, panaderia Germán de Vilaza e panadería Álvarez da Caridade en Monterrrei.

Artigos relacionados

Back to top button