DeportesÚltima hora

IV Festa do Churrasco do Motoclub Os Esquíos de Trives

A cita terá lugar o 23 de abril a partires das 21h. e contará coa actuación de Javier Araújo

1559555 web

A segunda fin de semana do mes de xullo, A Pobra de Trives acollerá unha nova edición da concentración mototurística Os Esquíos. E tres meses antes, para ir abrindo boca, o motoclub organiza a Festa do Churrasco.

O vindeiro sábado 23 de abril, no baixo de Santa Leonor, terá lugar a cuarta edición desta xunstanza gastronómica que contará co acompañamento musical de Javier Araújo.

A cita será a partires das nove da noite e o prezo da entrada é de 15 euros. Quen desexe asistir terá ata o 19 de abril para mercar a súa entrada nos bares Sky, Boliche e San Martín.

Artigos relacionados

Back to top button