Concellos

IV Festa Coveira en Arcos, o 8 de xullo

Esta cita que mestura viño e gastronomía permitirá descubrir a singularidade das adegas subterráneas desta localidade vilamartinesa
Unha das adegas que abría as súas portas na pasada edición da Festa Coveira de Arcos (Vilamartín)./ Foto: Carlos G. Hervella.

As adegas subterráneas de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) abrirán as súas portas ao público o vindeiro 8 de xullo para celebrar a cuarta edición da Festa Coveira. Este roteiro, que permite visitar as covas, degustar os seus viños e tamén probar multitude de pinchos; cobrará vida a partires das sete e media da tarde.

 

Público facendo o percorrido polas covas de Arcos o pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.

As entradas (coas que se dará unha cunca conmemorativa) poderán mercarse ese mesmo día ao prezo de 12 euros, ou ben de xeito anticipado cun custe de 10 euros na Carnicería Carlos e na Cafetería Makoki (en ambos casos no Barco).

A celebración estará animada pola actuación do grupo tradicional Os Bertolini de Manzaneda, e ao remate da festa terá lugar unha actuación musical. Esta IV Festa Coveira será organizada polos Coveiros de Arcos de Valdeorras en colaboración co Concello de Vilamartín.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close