CulturaCulturaÚltima hora

IV Festa da Familia, o 26 de outubro na Residencia Nª Señora de Fátima (A Rúa)

O acto comezará ás catro da tarde e estará presentado por Rosa Pérez
Fachada da residencia da terceira idade da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

Baile, teatro, música e moitas sorpresas. Son os ingredientes cos que se elaborou a IV Festa da Familia que se celebrará o vindeiro 26 de outubro na Residencia Nª Señora de Fátima da Rúa (Fundación San Rosendo).

Presentado por Rosa Pérez e coa colaboración do Club Patatero de O Bolo, as actividades comezarán a partires das 16 horas e incluirán dende unha exhibición a cargo do grupo de bailes afrolatinos Valdebierzo, ata unha merenda amenizada pola agrupación Abertal. Tamén actuará o grupo de cantos de taberna Os Tabernícolas de Viana do Bolo, e o Club Patatero representará a obra de teatro A consulta de Melquiades, completando o programa diferentes bailes e actuacións musicais solistas e tamén en grupo, entre as que non faltará o tema Mira que eres linda, a cargo de usuarios do centro.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button