EconomíaEconomíaÚltima hora

IV Festa Fin da Vendima, este venres no Bravo Lux da Rúa

O establecemento hostaleiro convida aos clientes a unha pinchada e á actuación do grupo Carta de Ajuste

Actuación no Bravo Lux da Rúa. /Foto cedida.

 

Por cuarto ano consecutivo o Bravo Lux da Rúa celebrará o fin da vendima cunha festa. Será este venres 11 de outubro a partir das 22h. cunha gran pinchada a base de carne guisada con patacas, e a actuación en directo do grupo Carta de Ajuste.

Unha guitarra española, un caixón peruano e dúas voces é todo o que necesita este dúo lucense para outorgar ás versións adaptadas, un son peculiar e característico, abordando, dende un punto de vista diferente, cancións de toda a vida que versionan ao seu propio estilo.

A Festa Fin da Vendima inclúe o sorteo de lotes de viño.

 

Cartel festa din da vendima.

Artigos relacionados

Back to top button