En portada

IV Pisa da Castaña en Parada de Sil

Celebrarase na mañá do 28 de novembro en Purdeus
Imaxe dunha edición anterior da Pisa da Castaña en Parada de Sil.
Imaxe dunha edición anterior da Pisa da Castaña en Parada de Sil.

En Purdeus (Parada de Sil) rescatábase hai xa catro anos a tradición da pisa da castaña cun carácter festivo. “Esta é unha festa de recuperación da nosa historia na que este labor, hoxe festivo, era un traballo que logo reportaba alimento para unha boa parte do ano. A iniciativa ten un forte compoñente etnográfico e vai acompañada por unha feira de produtos da zona”, explica a alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome.

Este ano a celebración terá lugar o 28 de novembro. Comezará ás 11:30h. cunha recreación da pisa da castaña tradicional. Ademais entre as 11h. e as 16h. poderá visitarse unha Feira de Produtos Artesáns con postos locais de viños, cervexas, marmeladas, queixo, pan ou bicas. Ao redor das dúas da tarde terá lugar o “Xantar da Castaña”. Por un prezo de 10 euros por persoa ofrecerase, nunha carpa con calefacción, un suculento menú de empanada, xarrete estofado, sobremesas, bebida e café. Para máis información ou reservas pode consultarse a web www.paradadesil.es.

A IV Festa da Pisa porá ademais o broche ao programa de actividades de outono programado polo Concello de Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button