A andaina “Memorial Celín” terá dúas rutas alternativas, unha de 11 quilómetros e outra de 20
A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras continúan co seu programa de actividades, e o vindeiro domingo 12 de xullo ten prevista a IV subida a Roblido “Memorial Celín”.
Nesta ocasión, a andaina terá dúas rutas: a do pote, de 11 quilómetros de distancia e dificultade media; e a da serrra, de 20 quilómetros e difultade alta.
A saída terá lugar ás 8 e ás 9h. na praza José Antonio Míguez, diante do Concello da Rúa, e o xantar terá lugar en Roblido.