OurenseÚltima hora

IV Xornada de Convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil en Allariz

No encontro participan unhas 420 persoas e 54 agrupacións das catro provincias galegas, ademais doutros organismos galegos e estatais

 

A vila de Allariz acolle neste sáado 23 de novembro as IV Xornada de Convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Este encontro, homenaxe a Juan Míguez, ten un carácter itinerante. Trátase dunha convivencia con voluntarios e membros dos servizos de emerxencias de diferentes puntos de Galicia (entres os de comarcas como Valdeorras e Terras de Trives) que inclúe unha parte lúdica e turística, xunto con outra formativa, con diversas actividades.

“Cun marcado carácter tan lúdico como formativo, pretendemos que os asistentes, ademais de participar en talleres prácticos (sinalización de accidentes, búsqueda de persoas co emprego de dron, incendios forestais, etc.), poidan desfrutar de visitas organizadas nunha das vilas con maior engado de Galicia”, sinalan dende o Servizo Provincial de Emerxencias de Ourense e dende a Asociación de AVPC da provincia (que preside Clemente Pérez Arias), promotores, co apoio doutras entidades, do encontro.

 

 

Estas xornadas contaban coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen destacou a importancia que teñen no eido das emerxencias e o labor que levan a cabo os voluntarios de Proteccion Civil “pola axuda e apoio aos demais de forma desinteresada, sendo un piar básico das emerxencias de Galicia”. Xunto a Rueda asistían tamén outras autoridades como o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid.

A xornada congreba a uns 420 asistentes, 54 AVPC presentes das 4 provincias galegas e contando coa presenza de organismos tan importantes como Unidad Militar de Emerxencias, Garda Civil, Dirección Xeral de Tráfico-España, Unidade de Drons da Mancomunidade Terra de Celanova, Grupo de Actividades Subacuáticas da Policia Autonómica, GES Lobios, etc.

Fotos cedidas.

Máis información e fotos:
https://osil.info/voluntarios-de-proteccion-civil-da-rua-viana-trives-e-o-barco-entre-os-galardoados-na-iv-xornada-de-avpc-en-allariz/

Artigos relacionados

Back to top button