ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

IV Xornadas de Protección Civil de Ourense, en Baños de Molgas

O encontro tivo un marcado carácter de homenaxe a Jorge Llorente

O 17 de outubro de celebrábase no lugar de Os Milagros, nas instalacións do colexio do Padres Paules e na silandeira e acolledora paraxe do Santuario da Virxe dos Milagros, no Concello de Baños de Molgas, as IV Xornadas de Protección Civil de Ourense que este ano tiveron un marcado carácter de homenaxe ao que foi durante máis de 30 anos Xefe do Servizo Provincial de Emerxencia e Interior en Ourense, Jorge Llorente Vázquez.

A xornada desenvolveuse durante todo o día, dende as 9.00 da mañá, cun amplo e variado programa de actividades no que participaron representantes políticos e máis de 300 voluntarios de Protección Civil da provincia entre os que se atopaban os voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, xunto a outros compañeiros do mundo das emerxencias e da seguridade cidadá, como son os dos GES, Grupos de Emerxencias, Bombeiros e Garda Civil.

O colorido laranxa deslumbraba debaixo dos outonais carballos á entrada do Santuario, os medios materiais e de mobilidade cos que contan as agrupacións, entre os que se atopaban os que recentemente puxo nas súas más a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, que foron outro dos alicerces destas xornadas.

A representación institucional estivo representada por parte do vicepresidente e Conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, o director xeral de Emerxencias e Interior, a xefa Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, o xefe do Servizo Provincial de Emerxencias, o alcalde de Baños de Molgas e moitos outros alcaldes e alcaldesas da provincia de Ourense. Non faltaron neste acto os representantes da Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense e das outras tres provincias, que se quixeron sumar ao acto de homenaxe a Jorge Llorente Vázquez.

O programa deu comezo cunha ponencia sobre os inicios da Protección Civil na provincia de Ourense que impartiu o fundador da primeira agrupación de voluntarios de Protección Civil de Ourense, que foi a do Carballiño.
A mesa redonda correu a cargo de José Francisco Alonso Picón, que participou de cheo na fundación da Protección Civil en Galicia dende o seu cargo de director xeral que foi nos albores da protección civil en Galicia, acompañárono fundadores de Agrupacións da provincia como a de Verín ou a de Pereiro de Aguiar.

A ponencia sobre as novas tecnoloxías e as redes sociais nas AVPC correu a cargo do compañeiro da AVPC de Caldas de Reis, José Sieiro, acompañado de Julio Puentes Agragán de Protección Civil e GES de Ribadavia.
Seguindo o programa chegaron as explicacións da demostración de condución de vehículos todoterreo a cargo dos instrutores de PTC Escola.

A demostración do uso e utilidade de drons nas emerxencias correo a cargo de José Antonio Argibay e da empresa de drons que se encarga de facilitar os cursos de manexo e da formación dos membros da Axega que se encargan do seu manexo nas emerxencias.

A mañá deu remate coa entrega de condecoracións aos voluntarios de Protección Civil pola súa dedicación, antigüidade e constancia na prestación de servizos, entre os que se atopaba o compañeiro Juan González Luis da AVPC de Manzaneda, que lle correspondeu a medalla de Prata con Distintivo Vermello polos seus 20 anos ao servizo en Protección Civil, dos cales 2 foron en Manzaneda e os restantes na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade das Terras do Navea-Bibei.

No acto de entrega de condecoracións que foi presidido polo vicepresidente da Xunta de Galicia quen fixo entrega das condecoracións aos voluntarios xunto ao director xeral de Emerxencias e Interior, a xefa Territorial da Xunta de Galicia en Ourense e o alcalde de Baños de Molgas. O vicepresidente foi que fixo entrega das condecoracións ao recentemente xubilado Jorge LLorente Vázquez e quen tivo palabras de recoñecemento e entrega na súa labor como xefe provincial de Emerxencias e Interior en Ourense ao igual que o fixeron o resto dos presentes no acto.

Un xantar de confraternidade deu peche estas xornadas pola mañá, e a demostración práctica de condución de todoterreo quedou para primeira hora da tarde previo ao fin de festa.

Texto e fotos: Clemente Pérez Arias

Artigos relacionados

Back to top button