OurenseÚltima hora

IV xornadas interculturais, este domingo en Ourense

A convivencia terá lugar no local de Quixumes dos Pinos a partires das once da mañá
Presentación das xornadas de convivencia, no Concello de Ourense.

Artesanía, gastronomía, música e danza. Son os piares sobre os que se asentan as IV xornadas interculturais organizadas pola agrupación folclórica Queixumes dos Pinos e a asociación ourensá venezolana Alma Llanera baixo o lema “Únenos o respecto”.

A xornada de convivencia, na que haberá representación de Galicia, Perú, Senegal, Colombia, Venezuela, Marrocos e República Dominicana, terá lugar este domingo 15 de abril no local de Queixumes dos Pinos (r/ Nosa Señora da Saínza, 26) en Ourense de 11 a 19h.

Artigos relacionados

Back to top button