CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

IV Xornadas Micolóxicas de Viana do Bolo, o 27 de outubro

Incluirán unha saída ao monte, unha charla, clasificación de cogomelos e unha cea

 

Exemplares de cogomelos./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cun percorrido polo monte na procura de cogomelos comezará o vindeiro 27 o programa das IV Xornadas Micolóxicas de Viana do Bolo. Partirase dende a Casa da Cultura da vila ás 9:30h. Esta saída estará guiada por persoal experto en micoloxía.

Tras a recollida, os participantes regresarán á Casa da Cultura, onde se impartirá unha charla explicativa e se procederá á clasificación dos exemplares reunidos. Os actos da xornada completaranse cunha degustación e cunha cea no restaurante A Nosa Casa (cun prezo de 10 euros). O prazo de inscrición para participar nesta actividade micolóxica irá dende o 18 ata o 25 de outubro, ámbolos dous días incluídos, e poderá realizarse no Concello de Viana.

 

Cartel das xornadas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close