DeportesGalerías de fotos

Iván Fernández (Adas) gana a XIII Carreira da Feira do Viño de Quiroga

A proba absoluta, que partía ás cinco da tarde do centro da vila, reunía a case 200 atletas

Vintenove minutos e corenta e cinco segundos. É o tempo no que o barquense Iván Fernández (Adas-Proinor) completaba o circuíto de 9.000 metros da XIII Carreira da Feira do Viño de Quiroga na tarde do 14 de abril. Era o primeiro atleta en cruzar a liña de meta e lograba unha vantaxe de case un minuto sobre o segundo clasificado na proba absoluta, Esteban Iglesia (Lucus Caixa Rural Galega), mentres que Alberto Gutiérrez quedaba terceiro.

En categoría feminina a primeira corredora en rematar o percorrido era Ana Belén González Margaride (Hospital Polusa), mentres que Moni Novoa (Atletas Veteranos Ourense) era segunda e Eva Isabel, terceira.

O programa desta Carreira Popular da Feira do Viño de Quiroga, promovida pola Concellería de Deportes, comezaba coas probas das categorías base.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button