DeportesÚltima hora

Iván Fernández e Ana Belén Rubio, ganadores da II Carreira contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín

Na proba de BTT vencía David Doporto, sendo Eva Ortega a primeira muller en chegar á meta

 

Solidariedade pero tamén deporte e competición na II Carreira das Cidades contra o cancro de páncreas de Vilamartín. Á marxe das andainas longa e curta, había dúas probas competitivas: a BTT e a carreira. Na primeira delas o mellor resultado masculino viña da man de David Doporto, mentres que Roberto de la Iglesia era segundo. A primeira muller en cruzar a liña de meta era Eva Ortega, sendo Grit Hagen a segunda.

Na carreira o podio masculino absoluto era totalmente barquense. Ganaba Iván Fernández Rodríguez, seguido de Jesús Rodríguez e de Pacho García. En categoría feminina absoluta a vitoria era para a tamén barquense Ana Belén Rubio, a subcampioa era a ruesa Maribel García e en terceiro lugar entraba a atleta de Sobradelo Miriam Ares.

Fotos cedidas, agás as dúas últimas que son de Carlos G. Hervella.

 

Voluntarios de Protección Civil da Rúa, Petín, Vilamartín, O Bolo, O Barco e Trives que colaboraron nesta proba deportiva./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button