DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Iván Fernández, ganador da I Carreira pola ELA no Barco

A proba celebrábase na mañá do 5 de xuño e tiña como limiar unha numerosa andaina

Coa saída de case 170 camiñantes comezaba o programa da I Carreira e Andaina Popular Solidaria pola ELA na mañá do 5 de xuño na área recreativa do Salgueiral (O Barco). Minutos despois situábanse nesa mesma liña de saída os preto de 40 atletas, que tiñan por diante un circuíto de 9,3 km cuxa meta estaba situada no mesmo Salgueiral.

O primeiro en completar o percorrido era o barquense Iván Fernández (Adas), seguido do seu compañeiro de club Hugo Sánchez. O terceiro posto correspondíalle a Raúl Rodríguez (Atletismo Rúa). Na carreira absoluta feminina o Adas facía triplete no podio, xa que a primeira en cruzar a meta era Maribel García, e logo chegaban Carmen Álvarez e Marta Ballesteros. En cadete feminino a ganadora era Antía Fernández (Adas).

Un dos momentos máis emotivos desta cita deportiva e solidaria era a chegada a meta de Tita, unha afectada de ELA que realizaba a andaina completa.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Máis información e fotos:
https://osil.info/andaina-solidaria-pola-ela-barco-en-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button