CulturaCulturaMúsicaOurenseÚltima hora

Iván Ferreiro, artista estrela na segunda edición da Ourense ICC Week

O cantante ofrecerá un concerto o día 11 de maio no Teatro Principal e as entradas están xa á venda
Un momento da presentación do cartel do concerto, esta mañá no Centro Cultural "Marcos Valcárcel"
Un momento da presentación do cartel do concerto, esta mañá no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”

O cantante e compositor Iván Ferreiro ofrecerá un concerto o vindeiro 11 de maio no Teatro Principal de Ourense, tal e como vén de anunciar esta mañá o presidente da Deputación, Manuel Baltar. A actuación enmárcase no programa da Semana das Industrias Culturais e Creativas (ICC Week) deseñado pola entidade provincial, que celebrará entre os días 10 e 14 de maio a súa segunda edición. As entradas están xa á venda dende hoxe en Ticketea, e teñen un prezo de 10 euros.

O acto de presentación tivo lugar esta mañá no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” e estivo presidido polo propio Baltar, como representante do goberno provincial. Neste eido sinalou que o concerto de Ferreiro “potencia a programación deste ano por contar cun artista dos máis xenuinos na música independiente do noso país, unha referencia no indie pop”. Pasa a ampliar así un cartel que tamén contará coa actuación de Love of Lesbian o 14 de maio. Pechan o cartel as bandas locais Bestlife -gañandora dos ICC Awards- e Priscila, convidada especial desta edición.

O presidente da Deputación estivo acompañado no acto polo coordinador da ICC Week, Juan Rivas e o brand manager de Mahou, empresa patrocinadora do concerto, Hugo Pérez.

 

Artigos relacionados

Back to top button