CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Iván González despídese do CD Barco

O técnico collía o equipo en marzo conseguindo salvalo do descenso

Iván González Palacios dirixindo un partido en Calabagueiros. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Non é ningunha sorpresa. De feito viña por tres meses, xusto ata final de tempada e esa data chegaba este domingo 20 de xuño, tralo partido tralo úlitimo partido da fase de permanencia, pero era na maña deste martes cando saltaba a nova: Iván González Palacios deixa o CD Barco.

E faino despois de conseguir o obxectivo: manter ao Barco un ano máis en Terceira División, aínda que non foi doado. “Colleu o equipo nun momento moi difícil pero así e todo o grupo traballou moi ben polo que dende a directiva só lle podemos dar as grazas por ter estado á altura do club, xa que non era doado que ninguén collera o equipo neses meses e realmente fíxoo polo cariño que nos ten”, asegura o presidente do Centro de Deportes Barco, Nilo Ramos.

El mesmo explica que foi moita a presión á que se viu sometido, acostumado como está a outro tipo de competicións non profesionais, pero que nunca se plantexaron que continuara no club. “Simplemente non pode”, asegura, adiantando que despois dun ano tan complicado non só a nivel sanitario senón tamén deportivo, na vindeira semana reunirase a xunta directiva para decidir o futuro do club.

Artigos relacionados

Back to top button