Iván Olmos (En Marea) visita o concello de Manzaneda

O cabeza de lista pola provincia de Ourense asegura que este municipio “é un referente en todo o país en eixos como o fomento do cooperativismo”

O fomento do cooperativismo e o mantemento de servizos básicos como o colexio, son dous dos eixos nos que segundo Iván Olmos, o concello de Manzanda é un referente. Así o aseguraba o candidato de En Marea pola provincia e Ourense, na visita que realizaba na mañá do 22 de abril a este municipio das Terras de Trives, en plena campaña electoral do 28A.

Acompañado polo deputado Davide Rodríguez, Olmos achegouse ata a cooperativa Amarelante, “un dos mellores exemplos sobre cooperativismo cun traballo por detrás do Concello que mesmo chegou a abrir unha oficina municipal para asesorar á veciñanza nese proceso. Penso que o futuro do rural pasa por ese traballo da terra, pola posta en valor dos sectores produtivos”, dixo.

Na súa visita tamén se achegou ata un dos emblemas do municipio, o Castiñeiro de Pombariños, reuníndose asemade co alcalde Félix Domínguez na Casa do Concello. Alí, Olmos destacando o labor municipal no mantemento do centro escolar, malia ter menos de mil habitantes “incluso foron capaces de incrementar o número de alumnos que xa está en 23, algo que non é habitual”. O candidato de En Marea asegurou que “a pesares de vivir un momento de perda de poboación, co despoboamento xeralizado do rural na provincia de Ourense, se se traballa dende as institucións municipais poden conseguirse moitas cousas”. Como contrapartida, criticou á institución provincial, “que nin sequera ten a decencia de investir cartos no arranxo de estradas que unen este municipio con outros próximos como pode ser Trives. Aí é onde se vei a distribución con criterios claramente interesados e político que fai á hora de investir en infraestruturas, facendoo únicamente nos concellos que lles interesa electoralmente”.

Fotos: Carlos G. Hevella excepto as dúas últimas da galería.

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies