DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Iván Redondo e Esther Hernández impóñense no Gran Premio de Montaña da Rúa

Álvaro Suárez e Greise da Rocha vencían no mini trail de 15 km

 

Unha mañá fresca e soleada tiñan os participantes na 4ª edición do Gran Premio de Montaña Galitiming da Rúa, celebrada o 29 de setembro.

Malia ser os últimos en saír, eran os participantes no mini trail os primeiros en completar o percorrido de 15 km polos montes da Rúa. O primeiro en cruzar a liña de meta en Fontei era Álvaro Suárez seguido por Fernando González e Adrián Blanco. Na categoría feminina a primeira clasificada era Greis da Rocha (Andamos a tercios), a segunda Leticia Seguin (A.D. Limiactiva) e a terceira Mónica Carnero (Castro-Trail). Nesta carreira había xente de diferentes partes de Galicia e tamén de Valdeorras con corredores independentes como Adrián Fernández e de clubs como o Peña Trevinca Barco.

O trail de 33 km saía do mesmo punto pasadas as 9:20 da mañá, e case catro horas despois Iván Redondo (A.D. Jarnachas) cruzaba a liña de meta. O segundo clasificado era Miguel Portal (A.M.E. Bestarruza) e o terceiro Francisco Rodal (Sada Montaña). Na categoría feminina non había sorpresas. Unha das novidades da proba era a asistencia da atleta ourensá Esther Hernández Pereira (Club WAA Team), a primeira muller na Transgrancanaria 360º 2019 que tampouco  defraudou na Rúa subindo ao alto do podio aínda que só corrían dúas mulleres. Cristina Gaisse era segunda.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button