CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Ivi Vales e David Álvarez despídense do CD Barco despois de seis tempadas

O club barquense vai perfilando o plantel para a tempada 2022/2023, con algunha baixa, moitas renovacións e Jaime Almagro como primeira fichaxe

 

O madrileño Jaime Almagro, primeira fichaxe do CD Barco para a tempada 2022/2023.

 

Ás portas da pretempada, o Centro de Deportes Barco vai perfilando xa o novo plantel para a campaña 2022/2023 anunciando a través do Twitter moitas renovacións, algunha baixa e tamén novas incorporacións.

No apartado de renovacións, ata o momento está confirmada a continuidade no club barquense de Aitor Arias, Óscar Martín, Iago López, Andrés Calvo, Carlos Cruz, Pablo Rubio, Pacho e Juan Barbeito. Ademais, pasan ao primeiro equipo os xuvenís Erix Rellán e Manu Rodríguez.

 

Ivi Vales./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

No apartado de fichxes, a primeira incorporación confirmada polo presidente do CD Barco, Nilo Ramos, é a do madrileño Jaime Almagro, xogador de banda “veloz e habilidoso” que chega a Valdeorras procedente do CD Pozoblanco. Ten experiencia na 2ª B co Lleida e o Villanovense, xogando ademais en equipos como Atlético de Madrid “B”, Numancia “B”, Leganés “B”, Fuenlabrada ou Deportivo Aragón.

E con respecto ás baixas, deixan o club Oli e dous veteranos, David Álvarez e Ivi Vales que causan baixa despois de seis tempadas no club barquense. Ámbolos dous chegaban ao Barco en 2016 disputando máis de 180 partidos, dous play off e dando á afección moitas tardes de fútbol.

 

David Álvarez./ Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button