CulturaMúsicaÚltima hora

Ivy Moon actuará no Baranda o venres 1 de abril

A banda compostelá comeza no Barco a xira por Galicia trala vitoria no “Imagine Festival Spain”
A banda compostelá Ivy Moon.
A banda compostelá Ivy Moon.

A banda de Santiago de Compostela Ivy Moon dará mañá venres 1 de abril o seu primeiro concerto trala vitoria no “Imagine Festival Spain” coa que se converteron nos representantes de España na final internacional que se celebrará o vindeiro mes de decembro en Croacia.

Ademais de participar na final do “Imagine Festival”, a banda galega gravará unha maqueta nun estudo profesional e fará unha xira de concertos por España. Pero antes, teñen unha intensa axenda de concertos por Galicia, especialmente no mes de abril, no que farán un total de 4 directos que empezan na Sala Baranda no Barco de Valdeorras, mañá venres 1 de abril a partires das 23:30h.

Artigos relacionados

Back to top button