OurenseÚltima hora

IX Día Termal da Chavasqueira

Esta iniciativa está enmarcada na Semana Cultural desta zona ourensá, prevista do 21 de abril ao 9 de maio
Percorrido da IX Andaina Termal da Chavasqueira.
Percorrido da IX Andaina Termal da Chavasqueira.

Conferencias, teatro, deporte ou música. Do 21 de abril ao 9 de maio A Chavasqueira celebrará a súa Semana Cultural, cun abano de actividades que incluirá o IX Día Termal. O programa de actos  presentábase na mañá do 14 de abril nunha rolda de prensa na que participaban o concelleiro de Termalismo de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero, e o secretario da Asociación de Veciños A Chavasqueira, Manuel Pérez Grande.

A Semana Cultural da Chavasqueira abrirase o 21 de abril coa conferencia “As virtudes mediciñais das augas do Tinteiro” coa relatora María Souto Figueroa. Proseguirá o 22 de abril coa celebración do X Aniversario da Asociación de Veciños ás 19:30h. no que poderá desfrutarse de actuacións musicais ou dunha homenaxe ao socio de máis idade, seguidos dun viño. O día 23 de abril haberá dúas novas conferencias: unha sobre “Fibromialxia e fátiga crónica” da man do doutor Luis Domínguez e outra sobre o Alzheimer cos doutores Rubén Vilariño e Angélica Molina.

Ademais o 24 de abril haberá teatro coa representación de “Splash ao cadrado na Chavasqueira” do grupo Trécola, xunto con diversas exhibicións de cursos de baile e ximnasia.

Outra das datas de referencia será a do 25 de abril co IX Día Termal da Chavasqueira con actos como a andaina termal (10h.), un concerto da Banda de Música Municipal de Ourense (12:30h.), un xantar popular (14:30h.) ou unha actuación de cantareiras pola tarde, entre outros.

O broche desta semana cultural será deportivo. Así o 9 de maio desenvolverase o IV Torneo de Hoquei A Chavasqueira.

Artigos relacionados

Back to top button