Última horaViticultura

IX Feira do Viño de Monterrei en Verín

Dez adegas participarán na cita que se celebrará do 8 ao 10 de agosto
Público  na pasada edición da Feira do Viño de Monterrei. /Foto: Carlos G. Hervella.
Público na pasada edición da Feira do Viño de Monterrei. /Foto: Carlos G. Hervella.

Na IX Feira do Viño de Monterrei, que se celebrará na praza da Mercé de Verín do 8 ao 10 de agosto, a Denominación de Orixe Monterrei desenvolverá un completo programa no que combina a promoción dos seus caldos con variadas propostas para tódolos públicos.

A mostra inaugurarase maña día 8 ás 20h. e nesa xornada o programa incluirá a imposición de medallas a catro novos membros da Confraría dos Viños de Monterrei.

O sábado día 9 cobrará protagonismo a música con diversas actuacións, entre as que destacan, na medianoite, ás do presentador televisivo Fernandisco e a do grupo malagueño Efecto Mariposa. Na mañá do domingo día 10 de agosto haberá música folk e pola tarde actividades de animación con pallasos e zancudos.

Ao longo de toda a fin de semana, o recinto feiral reunirá a dez adegas, en cuxos stands por un prezo de 6 euros os visitantes terán dereito a un cataviños e a 5 degustacións, por 4 euros a 5 degustacións e por 6 euros poderán adquirir unha botella dos viños da D.O. Monterrei.

O horario de apertura no caso do venres será de 19h. a 24h., mentres que o sábado día 9 funcionará de 11:30 a 14:30h. e de 19 a 24h. e o domingo 10 de 11:30h. a 14:30h. e de 19 a 23h.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button