CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

IX Festival das Artes Escénicas de Riós, os días 13 e 14 de agosto

Susana Seivane recibirá a Castaña de Cristal pola súa ampla carreira artística e a súa firme aposta polo folclore e música galegos

Todo está xa preparado para celebrar unha nova edición do Festival das Artes Escénicas “Abelardo Gabriel” de Riós, promovido polo actor, director e produtor ourensán Rubén Riós, os días 13 e 14 de agosto.

A primeira cornada, o 13 de agosto estará centrada no cinema. Ás 19 horas no Centro Cultural de Riós presentarase o musical “Superpunki”, e o documental “O Día dos Afogados”; e xa a partires das 22 horas, no Souto de Castiñeiros será a Gala do Audiovisual presentada por Rubén Riós na que se proxectará as súas obras “Vida” e “Máis ca Vida”, continuando cun espectáculo musical que inclúe as actuacións de Fredi Leis, autor da música de “Vida” e teloneiro de Alejandro Sanz en varios dos seus concertos neste verán; Susana Seivane (premio Castaña de Cristal) e a banda de gaitas de Riós, durante estas actuacións entregarase a Castaña de Cristal a Susana Seivane, pola súa ampla carreira artística e a súa firme aposta polo folclore e música galegos.

O domingo 14 de agosto será unha xornada marcada pola emotividade, a música, a tradición e a gastronomía. Prececida por actividades infantís (pintacaras, papiroflexia, hinchables), a partires das 12 horas comezará A Ruta do Talento, trazando un percorrido ao longo de castiñeiros milenarios que nesta edición reciben novos padriños e madriñas. Xosé Neira Vilas (a título póstumo) e as afeccións do Real Club Celta de Vigo e Real Club Deportivo da Coruña serán as personalidades elixidas para o bautizo dos exemplares ancestrais da devandita especie. O acto será conducido pola xornalista e presentadora Lucía Rodríguez, e contará coas actuacións dos nenos participantes nas Xornadas Creativas, patrocinadas pola Dirección Xeral de Xuventude dentro do proyecto RuraliZarte; e Miguel Guido.

E xa pola noite, a partires das 22 horas celebrarase a IX Gala das Artes Escénicas que será presentada por Lucía Rodríguez. O humor chegará da man de Candido Pazó, para dar paso as actuacións de Xoel Yañez e Lucía Álvarez (teatro Viaxe da vida) e rematando cunha homenaxe a Xil Ríos da man de Tania Fuegho e Emilio Rúa.

O programa desta edición do festival era presentado na mañá do 2 de agosto no Centro Cultural Marcos Vñalcarcel, nun acto que contou coa presenza do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey; do director do festival, Rubén Riós; da artista homenaxeada coa Castaña de Cristal, Susana Seivane; do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; e do alcalde de Riós, Francisco A. Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button