CulturaÚltima hora

A IX Mostra de Teatro Amador do Carballiño ergue o telón este domingo

A programación trae este ano o espectáculo de oito compañías teatrais e o certame amplíase até novembro
Un momento da presentación da XI Mostra de Teatro Amador, no Carballiño.
Un momento da presentación da XI Mostra de Teatro Amador, no Carballiño.

A IX Mostra de Teatro Amador “Terras de Orcellón” trae este outono ao Carballiño unha selección de oito funcións do mellor teatro afeccionado. Este ano amplíase a programación, estendéndose as citas culturais até mediados de novembro. Ergue o telón este domingo, 2 de outubro, coa obra “Retrato en branco e negro”, de Ditirambo Teatro Coruña. O certame foi presentado esta mañá na casa consistorial, nun acto no que indicaron que todas as funcións programadas comezarán ás 19 horas no Auditorio Municipal.

Conta coa colaboración do Concello do Carballiño e da Deputación. No acto estiveron presentes o edil de Cultura, Diego Fernández, e a concelleira e deputada provincial Teresa Cerdeira. Tamén estivo presente Xosé Prada, como organizador da cita cultural.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button