CulturaCulturaÚltima hora

IX Noite de Fiadeiro, o 30 de maio en Ramirás

O programa conta con actividades para toda a xornada como obradoiros, proxeccións, teatro, ou concertos

Cartel IX Noite de Fiadeiro 2015
Un ano máis, o derradeiro sábado de maio celebrarase en Ramirás a “Noite de Fiadeiro” que regresa ao lugar orixinal onde naceu esta celebración, o Adro da Igrexa de San Andrés, que servirá como epicentro de todas as actividades.

Este ano cúmprese a IX edición da festa, que nacía coa intención de “recuperar a esencia dos antigos fiadeiros da comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar, e incluso mocear”, tal como explican dende a organización a cargo da Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir, co patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense, Abanca, Xunta de Galicia, Socitransa e Bar Gasolinera de Vilavidal; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.

Neste ano 2015 desde a organización elaboraron un programa de actividades para toda a xornada, que contempla obradoiros, proxeccións, teatro de rúa, animacións, xogos, concertos… así como a xa tradicional mostra de artesanía e gastronomía con ducias de postos. A gran novidade desta edición é o Fiadeiro Cativo, onde participarán varias escolas de música tradicional, “poñendo en valor o que fan os máis cativos durante todo o ano”. Chegada as 21 h. máis de 30 colectivos de música tradicional chegadas de todos os recunchos da xeografía galega chegarán a Vilavidal para comezar a actividade central: a Noite de Fiadeiro.

Así pois, o vindeiro sábado 30 de maio, Ramirás vivirá unhas dez horas de música ininterrumpida, coa participación de 33 colectivos confirmados, a actuación de 326 persoas (membros dos diferentes colectivos), dos cales 45 son nenos e nenas que actuarán no Fiadeiro Cativo; e 25 postos de artesanía.

Dende Rebulir lembran que “non se trata dun festival ou mostra de música
tradicional ou folclórica, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica”.

Artigos relacionados

Back to top button