OurenseÚltima hora

IX Semana Cultural de Amigos da Vía Plata

A asociación reivindica o recoñecemento oficial do camiño que promoven con actos do 22 ao 24 de outubro
Directivos da Asociación Amigos Via Prata na presentación da Semana Cultural.
Directivos da Asociación Amigos Via Prata na presentación da Semana Cultural.

A sede da Fundación Ceo acollerá entre o 22 e o 24 de outubro a IX Semana Cultural que anualmente organiza a Asociación Cultural Amigos Vía Plata e que era presentado polos directivos da entidade.

Ao habitual concurso fotográfico e as conferencias temáticas, súmase este ano unha serie de homenaxes aos alcaldes dos vintecinco concellos ubicados no Camiño Mozárabe. Os de Puebla de Sanabria, Lubián e A Gudiña serán os primeiros en recibir este reconoñecemento “ao seu traballo a favor do camiño” explicando na presentación, engadindo que a “inauguración de Nava Castro, directora de la Axencia Galega de Turismo, marcará o inicio das xornadas culturais, o vindeiro mércores 22 de outubro”.

Dende ese meismo día ata a clausura, a cargo de Rafael Sánchez Barjiela, director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, a progrmación xirá en torno ás conferencias sobre o patrono dos peregrinos, San Famiano; o sentido antropolóxico da peregrinación, ou os mitos e lendas.

O programa inclúe asemade a asistencia á misa do peregrino na Capela do Santo Cristo na Catedral de Ourense (xoves 23 de outubro ás 19:30h.)

Na presentación dos actos, o presidente da asociación, José Luis Rodríguez, destacou que “os impulsores desta entidade levan case 25 anos traballando por recuperar este camiño, sinalizalo correctamente e promover o seu recoñecemento, así como a defensa do seu patrimonio espiritual e histórico”.

Artigos relacionados

Back to top button