DeportesÚltima hora

IX subida a Rocas e andaina popular, o 14 de xuño

Máis de 300 atletas participarán nas probas, incluídas nos campionatos de España e de Galicia de carreiras de montaña
Presentación da subida a Rocas.
Presentación da subida a Rocas.

O vindeiro domingo 14 de xuño, celebrarase en Esgos a IX subida a Rocas-O Eirado e a IX andaina popular, dúas citas deportivas organizadas pola Deputación de Ourense e o Concello de Esgos, nas que se espera a participación de máis de 300 deportistas.

A novidade deste ano é que proba atlética será o campionato España e o de Galicia de carreiras de montaña, e ademais, da modalidade feminina sairá a selección nacional que representará a España no Mundial de Portugal, polo que se estima que máis de mil persoas, entre deportistas e acompañantes, visiten Esgos a vindeira fin de semana.

Esta competición atlética terá tres modalidades: a proba masculina, sobre un percorrido de 13 quilómetros; a proba feminina, que percorrerá un circuíto de 8 quilómetros, e a proba por equipos.

A IX subida Rocas-O Eirado sairá da Casa do Concello de Esgos as 11h., terá dúas metas volantes, e finalizará ao carón do parque eólico. A andaina popular será unha proba circular que terá a saída na Casa do Concello ás 9:30h. e completará un percorrido de 18 quilómetros, pasando por varios núcleos da poboación e polo mosteiro de San Pedro de Rocas.

Artigos relacionados

Back to top button