EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A IXP Castaña de Galicia, presente en Xantar

Nun marco gastronómico por excelencia e carácter internacional, como era Xantar, a Indicación Xeográfica (IXP) Castaña de Galicia contaba cun expositor propio para dar a coñecer este froito de outono galego, pero especialmente arraigado ás provincias de interior: Ourense e Lugo.

As persoas que pasaban por este stand podían coñecer cales son as funcións e as actividades que desenvolven dende esta IXP, así como o seu valor de cara á protección e promoción da castaña galega. Asemade amosábanse determinadas singularidades deste froito como as súas variedades e as súas posibilidades na cociña. Tampoco faltaron ao longo do desenvolvemento de Xantar (do 1 ao 5 de febreiro en Expourese) as degustacións deste produto.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button