PolíticaÚltima hora

Jaime Sousa Seara, novo presidente do PP de Cartelle

Releva no cargo a Carmen Leyte ao fronte do partido neste concello cun 100% de apoio
Un dos momentos do congreso do PP Cartelle.
Un dos momentos do congreso do PP Cartelle.

Jaime Sousa Seara lideraba a única candidatura que optaba á presidencia do PP de Cartelle no congreso local que esta formación política celebraba na tarde do 14 de novembro no Auditorio Municipal (Outomuro). Saía adiante co 100% de apoio dos compromisarios, co que Sousa Seara vén de converterse no novo presidente do PP de Cartelle, relegando no cargo a Carmen Leyte, alcaldesa de Cartelle.

Tras coñecerse o resultado, Leyte tomaba a palabra neste congreso para lembrar que o PP leva gobernando o municipio dende 1991, “e sempre se gañaron todas as eleccións con excelentes resultados”. E, aludindo ao novo presidente local, recalcaba que “agora continuaremos traballando: Jaime á fronte do PP local e eu á fronte do Concello, en total sintonía para seguir acadando o mellor para os nosos veciños”.

De seguido, Jaime Sousa Seara agradecía o apoio recibido á súa candidatura e sinalou durante a súa intervención o seu obxectivo de “seguir traballando con humildade, adicación e cercanía co pobo”. Lembrou que é concelleiro dende 1987 “e estaé a política que me gusta: estar en contacto permanente coa xente, co meu pobo. Para min é a máxima satisfacción”.

Finalmente, o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, clausuraba o congreso local e alababa o intenso traballo que ten realizado o PP de Cartelle e atribuía os excelentes resultados acadados “á cercanía e á honestidade no trato cos veciños, dous factores clave para renovar, elección tras elección, a confianza da xente”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close