DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Javi Recamán despídese de Calabagueiros

Co empate a ceros ante o Rápido de Buzas, o C.D. Barco sela a permanencia en terceira división

É un dos xogadores máis queridos e un dos piares do equipo, e despois de catro tempadas na filas do Centro de Deportes Barco, o central Javier Recamán, despedíase dos xogadores e da afección barquense no último partido da tempada disputado en Calabagueiros. E facíao pola porta grande, con cariño e respecto por parte dos compañeiros e da bancada, despois do empate ante o Rápido de Bouzas (segundo clasificado) co que o C.D. Barco sela a permanencia en terceira división, a un partido do final de liga.

Coa presión que provoca saber que necesitaban puntuar para lograr o obxectivo da tempada, os xogadores de Javi Rey saían ao terreo de xogo dispostos a logralo e, malia non estar acertados de cara á portería rival, si lograron defender os paus sobre Vicente e co 0-0 no marcador o colexiado pitaba o final de noventa minutos que se pechaban cos sonoros aplausos dende as bancadas a todo o equipo pero especialmente a Recamán, un dos artífices do ascenso hai dous anos que era manteado no campo polos seus compañeiros de xogo que tamén se facían o pasillo rumbo aos vestiarios.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button