Publicidade
En portadaÚltima hora

O “cura dos pobres” avoga por recuperar o movemento social a prol dos marxinados

O párroco madrileño, Javier Baeza, dá a coñecer a súa experiencia con colectivos coma os refuxiados sirios, cos que traballa de xeito activo
Baeza (esquerda) e Fernández, esta tarde, no Barco.
Baeza (esquerda) e Fernández, esta tarde, no Barco.

O edificio Multiusos do Barco de Valdeorras acolleu na tarde do 21 de abril unha conferencia impartida polo madrileño Javier Baeza, coñecido por ser o “cura dos pobres”. É un párroco que coordina o centro pastoral de San Carlos Borromeo, ubicado na localidade madrileña de Entrevías, que traballa fundamentalmente no eido social para loitar contra a marxinación dalgúns colectivos minoritarios. Neste contexto, explicou que cómpre rescatar o movemento social na defensa destas persoas.

O sacerdote madrileño é coñecido por ser o "cura dos pobres".
O sacerdote madrileño é coñecido por ser o “cura dos pobres”.

 

Persoas con problemas de drogodependencia, inmigrantes e refuxiados coparon o seu discurso, que comezou pasadas as 20.00 horas. A introducción da charla correu a cargo do sacerdote Antonio Fernández Blanco, e entre os asistentes destacaron personalidades da política e do goberno local, coma o edil de Servizos Sociais, Orlando Saavedra, ou a titular da área de Cultura, Margarita Pizcueta, así como sacerdotes e representantes do propio sector eclesiástico.

Unha trintena de persoas asistiu á charla no Edificio Multiusos.
Unha trintena de persoas asistiu á charla no Edificio Multiusos.

Referiuse na súa intervención á actual situación dos refuxiados sirios e cre que “o termo solidaridade se devaluou”. Segundo sinalou, a de hoxe é unha solidaridade “moi indolora, aséptica” e mostrouse especialmente crítico coa política do actual goberno español. Por outra parte, avogou por recuperar os movementos sociais que desperten ás administracións públicas.

Unhas trinta persoas déronse cita no salón de actos do Multiusos para escoitar ao tamén coñecido como “cura rojo” de Madrid, un sobrenome que, segundo dixo, o leva “con moito orgullo”.

 

Fotos: Sara Fontenla.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close