AletismoDeportesÚltima hora

Javier Cid (Adas O Barco), 4º no ranking de España de lanzamento de martelo Sub14

Conseguía unha marca de 37,43 na primeira xornada de Atletismo Xogade Valdeorras celebrada esta tarde en Calabagueiros (O Barco)

 

Na tarde deste sábado 13 de novembro celebrábase nas pistas de Calabagueiros, a primeira xornada de Atletismo Xogade Valdeorras, organizada pola AD. Valdeorras coa colaboración da delegación valdeorresa da Federación Galega de Atletismo, con probas de salto de lonxitude, triple salto, lanzamento de peso e lanzamento de martelo (de 2 e 3 kg). E era nesta úlitma modalidade, onde un atleta do Adas O Barco lograba unha moi boa marca que o sitúa en cabeza clasificación nacional.

 

 

Javier Cid lograba unha marca de 37,43 lanzando 3 kg, o que o sitúa no 4º posto do ranking de España de lanzamento de martelo na categoría Sub14.

 

Javier Cid, lanzador de martelo.

 

Artigos relacionados

Back to top button