DeportesÚltima hora

Javier Cid, atleta do Adas, subcampión de Europa máster en martelo

O lanzador Javier Cid, nas pistas barquenses de Calabagueiros (O Barco)./ Foto: Carlos G. Hervella.

Comezan a chegar os resultados para os representantes valdeorreses no campionato europeo máster de atletismo que se está a desputar en Madrid ata o 24 de marzo. O primeiro dos atletas en subirse ao podio ten sido Javier Cid Vázquez, do Club Adas.

Lograba a prata neste europeo na proba de martelo M-40 cunha marca 46.59. Na súa categoría o campión europeo era tamén español, tratábase de Ignacio Calderón, cun lanzamento de 54.11.

Artigos relacionados

Back to top button