DeportesEnduroÚltima hora

Javier Fernández, campión galego de Enduro e-bikes

O rides valdeorrés subía ao alto do podio na proba disputada en Vigo

 

Non é a súa especialidade pero unha vez máis o rider rues Javier Fernández Quiroga (Bicicletas Chinquena) demostrou que non hai proba que se lle resista. Despois de estrearse hai unha semana na modalidade de Enduro quedando subcampón de España na categoría e-bikes no Campionato de España de Montefaro, esta fin de semana volvía competir e desta subía ao alto do podio.

Javier, tamén coñecido como “Zape” era un dos preto de 200 riders que participaban este domingo 13 de xuño no VigoBikeContest, o Campionato de Galicia desta especialidade do BTT celebrado na parroquia viguesa de Saiáns, unha verdadeira batalla deportiva organizada polo Singletrack Outdoor Sports.

Unha batalla na que o rider rues subía ao alto do podio cun tempo de 16:10.679, nuns circuítos “pouco técnicos, pero moi moi duros”, asegura o propio Javier, desexando poder conseguir algún colaborador co que poder participar nos europeos.

 

Artigos relacionados

Back to top button