Publicidade
CulturaCulturaÚltima hora

Javier García pon en marcha o proxecto de edición de “Diario de confinamiento”

Neste libro e anecdotario conta a súa experiencia da corentena dende o rural valdeorrés

 

Tras o primeiro día de confinamento, o adegueiro e hostaleiro valdeorrés Javier García Arias decidía plasmar por escrito as súas sensacións. Na noite do 14 de marzo sentábase diante do ordenador e contaba en facebook o que fixera nesa xornada, “cousas cotiás como comer chocolate, patacas fritas… Ao día seguinte decidín poñerme a estudar inglés e comezar a facer aquelas cousas para as que nunca tes tempo, e, pola noite, expliqueino tamén nas redes sociais”, lembra.

E así comezaba a crear unha especie de diario no que escribía cada noite e que, xornada a xornada, ía incrementando o seu número de seguidores. “Cada vez me seguía máis xente, agora son máis de cen, e dende un principio tiven moita interacción con eles, de feito moitas das cuestións que comentaba era comúns”, destaca.

Despois de case 60 días de confinamento ese diario evolucionou e pasou a converterse nun “anecdotario” que recolle acontecementos cotiás desta corentena no rural, reflexións, crítica, humor, estados de ánimo, consellos… que facían “rir, chorar e pensar a todos aqueles que, día tras día, líano como unha vía de escape a unha situación de tensión emocional”, comenta Javier García.

Tamén a entende como unha guía de autoaxuda “para reinventarse e enfocar a vida dende outro prisma intentando aproveitar as oportunidades que che brinda esta nova realidade, sen deixarse caer na desesperación e pesimismo das situacións de crise. Para min é tamén un diario de autoreinvención para saír dela, por exemplo, eu agora estou vendendo por internet”, destaca o autor.

Ela evolución do proxecto levou ademais a que os seus lectores o animarán a facer del un libro,  “Diario de confinamiento. 14 de marzo-14 de mayo. Reflexiones de vida”, e para finaanciar a súa edición vén de apostar polo crowfounding ou micromecenado. “Son necesarios máis de 4.000 euros, pero acabamos de empezar e xa temos 32 mecenas”, confesa.

A esta iniciativa tamén se sumaban tres dos seus seguidores nas redes sociais: Elisa Alonso Fernández, que se encargará do prólogo, no que dará “a visión de como viviu o confinamento unha española dende Australia”, o fotógrafo Álvaro Rodríguez “Purre” e a “colaboradora incondicional” Nuria Estévez, que aportarán imaxes deste tempo de corentena.

Javier García confía en que o proxecto poida saír adiante, “gustaríame que se puidera publicar o libro porque sería un recordo gráfico das vivencias de Valdeorras, e do rural neste confinamento, hai moitas historias comúns”, conclúe.

Máis información sobre o proxecto:

https://www.verkami.com/projects/26495-diario-de-confinamiento-del-covid-19-a-la-reinvencion

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close