OurenseÚltima hora

Javier Losada: “Imos traballar con toda a ilusión para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade”

O delegado do Goberno en Galicia viaxaba o 12 de abril a esta zona e visitaba diversos lugares de Parada de Sil e de Castro Caldelas
O delegado do Goberno en Galicia co alcalde en funcións de Parada de Sil e coa alcaldesa de Castro Caldelas.

O canón do río Mao, a Fábrica da Luz, o Mosteiro de San Paio, o castelo de Castro Caldelas ou as adegas Ronsel do Sil e Ponte da Boga. Son algúns dos lugares da Ribeira Sacra ourensá que o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, visitaba o 12 de abril acompañado polo alcalde en funcións de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, e pola alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

Losada aseguraba que o goberno traballará intensamente co obxectivo de que a Ribeira Sacra entre na listaxe de Patrimonio Mundial da Unesco. “Imos traballar con toda a ilusión e con todas as nosas forzas para lograr que no 2021 a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade”, aseguraba en Parada de Sil.

Ademais indicía en que ter conseguido xa a nominación “é un premio porque supón un recoñecemento ao traballo feito e un pulo para seguir na mesma liña de traballo que se viña facendo ata agora”. Para Losada esta condición reveterá na zona “favorecendo o sector turístico, os trabalos de recuperación ambiental e patrimonial e, en xeral, a actividade económica dos seus habitantes”.

 

O delegado do Goberno en Galicia nun dos momentos da visita.

A paisaxe cultural da Ribeira Sacra (nas provincias de Ourense e Lugo) é dende o pasado 5 de abril candidata española para formar parte da lista de Patrimonio Mundial da Unesco. A decisión tomábase na reunión do Consello de Patrimonio Histórico que se celebraba no Parador de Santo Estevo e será presentada ante o organismo internacional en febreiro de 2020 e a inclusión avalariase no 2021.

Artigos relacionados

Back to top button