A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Javier Ojeda (Danza Invisible) presenta na Rúa o seu álbume “DeCantando”

Na tarde deste domingo 4 de xullo daba un concerto no Aguillón, dentro do ciclo "Verán nas Vilas"

 

No marco do ciclo “Verán nas Vilas”, promovido pola Deputación de Ourense, o cantante malagueño Javier Ojeda (líder de Danza Invisible) percorre estes días a provincia de Ourense, presentando o seu su sexto álbume en solitario DeCantando.

Estreábase o vernes en Monterrei e na tarde deste domingo 4 de xullo recalaba na Rúa para dar un concerto no Aguillón, á beira do encoro de San Martiño. Coas medidas sanitarias vixentes, aínda que non moi numeroso, o público asistente pudo desfrutar de máis dunha hora da música e simpatía deste músico que incluso baixou do escenario para interactuar cos asistentes.

 

O cantante malagueño, Javier Ojeda, na Rúa.

 

Con esta xira, Ojeda inaugura o ciclo “Decantando viños ourensáns”, unha maridaxe perfecta entre  música e viño cuxo obxecticvo é “que o público poida desfrutar dun músico de primeira liña, á vez que contribuímos a dinamizar comarcas do rural ourensán, levando alí espectáculos de gran calidade e interese”, en palabras do presidente da Deputación, Manuel Baltar.

Así, “Decantando viños ourensáns” combina a vangarda musical dos novos temas de Javier Ojeda coa tradición monumental e vitivinícola da provincia de Ourense, con cancións co viño e outras bebidas alcohólicas como eixe central, de diferentes estilos. Na Rúa os asistentes puderon bailar ao son de boleros, reggae, rumbas, corridos, rock, baladas e mesmo temas funkys.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button