OurenseÚltima hora

Javier Viver achega a “inmortalidade” á Galería Marisa Marimón de Ourense

O proxecto “Aurelia Inmortal” enmárcase no 35 Outono Fotográfico e estará exposto ata o 16 de febreiro

A Galería Marisa Marimón é un dos espazos históricos do Outono Fotográfico e nel, Javier Viver expón o seu traballo sobre a “Descrenza”, temática desta 35 edición, a través de “Aurelia Inmortal”, un proxecto baseado nun descubrimento científico do que se serve para prantexar unha narración entre a documentación científica e a ficción.

En decembro de 2015, o estudante chinés de bioloxía marina He Jinru publicou na revista científica Plos One a sorprendente propiedade da medusa Aurelia, que é quen de alcanzar a inmortalidade biolóxica. Segundo se facía eco o National Geographic “unha vez que Aurelia Inmortal expira, desenvolve a capacidade prodixiosa de rexenerar as sús células ata alcanzar a etapa xuvenil, como se dunha ave Fénix se tratase”. Tomando isto como punto de partida Javier Viver sitúa a súa historia nun futuro no que os avances da biotecnoloxía permitiron desenvolver unha especie transhumana, cunha vida que se podería prolongar indefinidamente. Visto desde este futuro ficticio, o descubrimento das propiedades da Aurelia tería resultado decisivo para a humanidade. A partir desta narración, o ensaio fotográfico plantexa cuestións sobre o ser humano, a naturaleza, a arte e a inmortalidade.

 

Unha das imaxes que forman parte da exposición.

Para compor esta historia, Viver utiliza fotografías e murais fotográficos dunha inquietante película da medusa Aurelia, imaxes realizadas con microscopios electrónicos, e un fotolibro no que a secuenciación de imaxes permite reconstruír unha narración aberta.

A exposición inaugúrase hoxe de 17 de novembro ás 20 horas e estará aberta ata o 16 de febrero de 2018.

Artigos relacionados

Back to top button