CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Jazz con sabor neoiorquino, na cidade de Ourense

Elcercano acollerá esta noite a actuación da formación liderada polo guitarrista Travis Reuter
Cuarteto de jazz que esta noite actuará en Elcercano, en Ourense./ Foto cedida.

A partires das nove da noite deste venres 16 de febreiro o escenario de Elcercano, na cidade de Ourense, acollerá a actuación do grupo norteamericano liderado polo guitarrista Travis Reuter. O cuarteto está ademais formado polo contrabaixista arxentino Demián Cabaud e polos portugueses Marcos Cavaleiro, á batería, e João Guimaraes no saxo.

“A música que presentan, na súa meirande parte, é orixinal dos respectivos elementos e dos músicos amigos, que abren así unha extensión á sonoridade do grupo”, tal e como se sinala dende Elcercano. O prezo anticipado da entrada é de 9 euros e na venda en taquilla de 12 euros.

Artigos relacionados

Back to top button