A VeigaConcellosÚltima hora

Jesús Calleja aterrará na Veiga a semana que vén con “Volando voy”

 

O mítico helicóptero de Jesus Calleja e as caravanas de “Volando voy” de Cuatro desprazaranse na vindeira semana ata A Veiga para gravar un dos programas da sexta tempada deste espazo no televisivo no que se apostará, nesta ocasión, por impulsar a repoboación rural.

“Tras o confinamento, nun momento no que moitas persoas miran ao campo e ás aldeas con ganas de vivir lonxe das grandes cidades, ‘Volando voy’ inicia a gravación das entregas da súa nova tempada, cuxo fío condutor será a repoboación de zonas baleiradas, poñendo en valor as oportunidades que ofrece o entorno rural para aqueles que pensan nun cambio de vida”, segundo indican dende o programa.

Está previsto que as caravanas de “Volando voy” se despracen xa o domingo ata este municipio de alta montaña para comezar coas tarefas de gravación durante a vindeira semana. O programa porá o foco en referentes deste concello como Trevinca, a montaña máis alta de Galicia.

 

Jesús Calleja nunha imaxe promocional da sexta tempada de “Volando voy”./ Foto: Cuatro-“Volando voy”.

 

Esta nova etapa do programa estará condicionada polas especiales circunstancias do momento actual, de forma que o helicóptero adaptarase para preservar a seguridad de Jesús Calleja e dos seus eventuais acompañantes e a propia produción do programa incorporará novidades, tal e como adiantan.

Ademais das entrevistas habituais e de amosar a singular paisaxe da Veiga, o programa incluirá unha parte na que uns repoboadores deberán aprender todo o necesario para facerse cargo dunha casa rural.

Fotos galería: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button