Jesús Prieto e Salvador Fernández, cabezas de lista do PP en Trives e Manzaneda

Os candidatos do PP ás municipais do 2015 na zona electoral de Trives presentábanse na mañá do 26 de outubro
Acto de presentación dos candidatos da zona electoral de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

Acto de presentación dos candidatos da zona electoral de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

O PP de Ourense segue desvelando ao seus candidatos de cara ás eleccións municipais do 2015. A vila trivesa acollía na mañá do 26 de outubro a cuarta presentación, desta volta, a dos cabezas de lista dos municipio da zona electoral de Trives: un total de once.

Jesús Prieto, cabeza de lista do PP ás municipais en Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

Jesús Prieto, cabeza de lista do PP ás municipais en Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

Entre eles destacan os de Trives e Manzaneda, dúas persoas que se estrean no mundo da política. Así a lista trivesa do PP será liderada por Jesús Prieto Pérez (39 anos), enxeñeiro técnico agrícola e enxeñeiro agrónomo; e a de Manzaneda encabezaraa o arquitecto técnico Salvador Fernández Cardoso (49 anos).

Salvador Fernández encabezará a lista do PP en Manzaneda nos vindeiros comicios municipais./ Foto: Carlos G. Hervella.

Salvador Fernández encabezará a lista do PP en Manzaneda nos vindeiros comicios municipais./ Foto: Carlos G. Hervella.

O resto dos candidatos repetirán, como é o caso de Manuel Corzo Macías (73 anos) no Bolo; Joaquín Bautista Prieto Rodríguez (46 anos) en Larouco, Gerardo Rodríguez Domínguez (56 anos) en San Xoán de Río, Andrés Montesinos Rodríguez (53 anos) en Viana do Bolo, Ventura Sierra Vázquez (72 anos) en Vilariño de Conso, Antonio Rodríguez Álvarez (61 anos) en Montederramo, Miguel Antonio Cid Álvarez (63 anos) na Teixeira, Manuel Lage Blanco (60 anos) en Castro Caldelas e Francisco Rodríguez Rodríguez (67 anos) en Chandrexa de Queixa.

A presentación tiña lugar nos salóns do Hostal A Viuda de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

A presentación tiña lugar nos salóns do Hostal A Viuda de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, na clausura do acto./ Foto: Carlos G. Hervella.

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, na clausura do acto./ Foto: Carlos G. Hervella.

Nesta presentación, que tiña lugar no Hostal La Viuda en Trives, interviñan o secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, e o membro do Comité Executivo do PPdeG, Jesús Vázquez Abad. A clausura corría a cargo do presidente provincial, Manuel Baltar, quen lembraba que “a 210 días das municipais do 24 de maio de 2015, somos a única forza política que ten actividade constante e con equipos perfectamente preparados para asumir as riendas dos 92 municipios da provincia.”

Xesús Vázquez, falando cos candidatos de Manzaneda e Trives, que entran por primeira vez na política./ Foto: Carlos G. Hervella.

Xesús Vázquez, falando cos candidatos de Manzaneda e Trives, que entran por primeira vez na política./ Foto: Carlos G. Hervella.

Neste acto tamén se facía unha sentida lembranza a Isauro Pérez González, portavoz do grupo municipal e presidente local do PP en Trives, falecido o pasado 1 de setembro.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies