AletismoDeportesEn portadaÚltima hora

Jesús Ramos, vencedor absoluto masculino no Campionato de España de 10K celebrado no Barco

Jesus Ramos Reviejo entrando en meta./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras unha intensa, dura e calurosa carreira, pouco antes das doce e cuarto desta mañá de domingo entraba en meta Jesús Ramos Reviejo (CA Adidas), vencedor absoluto masculino do Campionato de España de 10 Km en Ruta celebrado no Barco, cun tempo de 29:14.

 

Cabeza de carreira durante a primeira volta ao circuíto./ Foto: Mónica G. Bellver.

Detrás entraba Abdelaziz Merzougui Nourdinne (ADA Calvià – Vistasol) un dos favoritos da carreira, que completaba as tres voltas ao circuíto en 29 minutos e 26 segundos. O terceiro en cruzar a meta era Diego Bravo García (Clínica Menorca CAUG), que facía un tempo de 29:31. O plusmarquista Fernando Carro (CD Nike Running) era 10º completando a carreira nun tempo de 29:55.

 

Alejandro Fernández foi segundo en M35. /Foto: A.R.

 

A partir de aí o resto de atletas superaban os 30 minutos, sendo Alberto Sánchez Pinilla o primeiro do Club Adas Cupa en cruzar a liña de meta (30:03). O ourensán Alejandro Fernández (ADA Calvià – Vistasol) entraba no posto 14 cun tempo de 30:41 contribuíndo a que o seu equipo se proclamase campión absoluto por equipos (era segundo en M35), mentres que o valdeorrés Alejo Ares non lograba rematar a carreira.

 

Podio absoluto masculino./ Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button