DeportesPiraguismoÚltima hora

Jesús Rguez. e Miguel Fdez. (Fluvial Barco), campións en K2 sénior no Descenso do Miño de Lugo

Os padexeiros do Fluvial Barco, no podio de K2 sénior no Descenso do MIño de Lugo./ Foto: Fegapi.

 

O Fluvial Barco remataba unha intensa fin de semana deportiva, e chea de podios, cun novo título en Lugo. O K2 sénior valdeorrés formado por Jesús Rodríguez León e Miguel Fernández Castañón impoñíase con rotundidade no Descenso do Miño, que se disputaba na tarde 16 de maio.

Os padexeiros completaban o percorrido, duns 18.000 m, cunha marca de 1:11:56,71. En segundo lugar clasificábase o K2 de Carlos Pedreira e Antonio Polo (Piragüismo As Pontes), sendo terceiro o de Adrián Jubón e Samuel Quiroga.

 

Artigos relacionados

Back to top button