Esta proba abría a XVI liga nacional de ríos e maratón e celebrábase o día 8 de abril no río Lérez
Un total de 670 padexeiros de 61 clubs de diferentes partes da xeografía española dábanse cita o 8 de abril en Pontevedra para desputar o II Open Ciudad de Pontevedra. Esta proba, que abría a XVI liga española de ríos e maratón, incluía as categorías cadete, junior, sub 24 e senior. Entre eles estaba unha representación do Club Fluvial Barco que regresaba de terras pontevedresas con dous podiums.
Así, Jesús Rodríguez León conseguía un terceiro posto en K-1 senior e na proba de veteranos Bernardo Sánchez vencía en K-1 (45-49), a mesma categoría na que o tamén barquense Miguel Anxo González entraba en cuarta posición.