DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Jesús Rodríguez e Raúl Delgado, vencedores do XIII Trail de Outono, no Barco

Na carreira curta tomaban a saída 25 corredores e na longa, 38

Máis de 60 corredores disputaban, na mañá do sábado 27 de outubro, a XIII edición do Trail de Outono, 38 participaban no longo e 25 no curto (ademais de membros do club organizador que ademais de traballar tamén correron).

Os primeiros en iniciar a competición eran os participantes da distancia longa que saían ás 10 da mañá dende a praia fluvial do Malecón. Nesta modalidade, cun percorrido de 22 km, vencía Raúl Delgado Cerejido (Kirlo). Ramón Rodríguez González (Korpore Arenteiro Trail) era segundo e Estivel Martínez González (EDV Viana Trail) terceiro.

No trail curto, de 15 km, que comezaba media hora despois cunha homenaxe a Chuso (organizador de trails, falecido) impoñíase o barquense Jesús Rodríguez León (Fluvial Barco) cun tempo de 1:30:07. O segundo clasificado era Eros Álvarez Dacosta (Peña Trevinca Barco) cun tempo de 1:37:05 e o terceiro David Peláez (1:38:05).

A carreira, organizada polo Peña Trevinca Barco, formaba parte da proba que incluía unha andaina previa de 14 quilómetros, na que participaron 80 persoas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos sobre esta proba: https://osil.info/uns-80-andarines-danse-cita-na-proba-de-outono-no-barco/

Artigos relacionados

Back to top button