DeportesÚltima hora

Jesús Rodríguez León, dobre campión de Europa máster

O padexeiro valdeorrés representaba a España no campionato europeo de maratón en K-1 e K-2, en Metković (Croacia)
O piragüista Jesús Rodríguez, nunha competición./ Foto: A.R.

Dobrete de ouros no campionato europeo de maratón máster para Jesús Rodríguez León (Club Fluvial Barco). O valdeorrés representaba a España nesta competición internacional que en categoría máster se desenvolvía os días 2 e 3 de xullo en Metković (Croacia).

Na xornada do 2 de xullo, Rodríguez León competía en K-1 máster (35-39 anos) facéndose co título nunha proba na que completaba o percorrido de 22,60 km nun tempo de 1:41:30.46, sacándolle case catro minutos de vantaxe ao segundo clasificado, o tamén español Salvador Rico.

Ademais o padexeiro barquense competía en K-2 máster con Santiago Cruz, logrando facerse tamén co título nesta categoría cun tempo de 1:40:00.93.

Artigos relacionados

Back to top button