Coa modalidade sprint vén de concluír o Campionato do Mundo de Descenso de Augas Bravas que se disputaba dende o 31 de maio na cidade suíza de Muotathal. Tras o cuarto lugar conseguido por Jesús Rodríguez León no K-1 máster A na proba clásica, o padexeiro do Club Fluvial Barco suma agora un destacado oitavo posto no descenso sprint patrullas (equipos) , no que competía xunto a outros dous membros da selección española: Guillermo Fidalgo (do Club Pizo Azul de Castela e León) e Germán Jiménez (Sicorís Club de Lleida).
A súa patrulla completaba o circuíto cun tempo de 1:14.74. Nel impoñíanse unha patrulla eslovaca cunha marca de 1:08.73.