En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Jesús Rodríguez, protagonista da entrega de premios do 52º Descenso do Sil

Este palista do Fluvial Barco, club que conseguía catro podios nesta cita, sumaba xa 25 edicións competindo neste río

Cunha emotiva homenaxe ao barquense Jesús Rodríguez León comezaba na tarde do 15 de setembro a entrega de premios do 52º Descenso do Sil Memorial Julián Trincado no Paseo do Malecón do Barco. Este padexeiro, triunfador tamén este ano en K-1 sénior, sumaba ademais a súa 25ª participación nesta regata. A organización proxectaba un video no que podían verse diversas imaxes da súa evolución como piragüista e da súa relación co Descenso do Sil. Despois recibía un ramo de flores de man do concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, e da concelleira Sabina Aguado.

A continuación, comezaba a entrega de premios propiamente dita. Nesta edición  o Fluvial Barco lograba un total de catro podios na competición. Destacaba o título en K-1 sénior de Jesús Rodríguez, así como o terceiro posto nesta mesma categoría de Antonio Girón. En K-2 sénior a embarcación de Bernardo Sánchez e Sergio Ruiz facíase co segundo posto, mentres que en K-2 veteranos Miguel Ángel González e Roberto Núñez lograban tamén o subcampionato no Sil.

Outro título valdeorrés viña da man de Kissy Torres que quedaba primeira en K-2 veteranas, nunha embarcación do Fluvial Avión na que competía xunto a Mónica Piñeiro.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos do descenso:
https://osil.info/o-descenso-do-sil-conquista-ao-publico/
https://osil.info/o-piraguista-barquense-jesus-rodriguez-invencible-no-descenso-do-sil/
https://osil.info/o-tren-fluvial-do-descenso-do-sil-enchese-na-estacion-do-barco/

Artigos relacionados

Back to top button