OurenseÚltima hora

Jesús Vázquez agradece a ratificación do compromiso de Fomento coa variante exterior do AVE

O alcalde de Ourense salientou que o ministro o recibise sen dilación en Madrid e valora a rápida resposta a “unha demanda lexítima de Ourense”
O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.
O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, reuníuse onte pola tarde co ministro de Fomento, Ìñigo de la Serna, para aclarar as dúvidas que xeraron as declaracións do Ministro sobre a variante exterior do AVE. O rexedor municipal agradeceu e valorou a rápida resposta do seu colega ante o que considerou “unha demanda lexítima da sociedade ourensá”.

Jesús Vázquez demostrou tamén a súa gratitude pola “reafirmación con toda franqueza do seu compromiso inequívoco” coa Alta Velocidade a Galicia e con devandita variante exterior. O xefe do execuvitivo local salientou que o diálogo “é clave” para clarexar as dúbidas que se puideron suscitar no marco dunha reflexión de carácter xeral e resaltou que na reunión que mantiveron onte Íñigo de la Serna e mais el, quedou “manifesto e ratificado” que o compromiso do Goberno Central con Ourense é “firme”, coa variante exterior como un dos proxectos que están presentes na axenda ministerial.

 

Artigos relacionados

Back to top button